Anotacións nº 3: “O pulso da fenomenoloxía”, de Michael Marder

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 3, febreiro de 2014
Michael Marder, “O pulso da fenomenoloxía”

O pulso da fenomenoloxíaO filósofo canadense e profesor da Universidade do País Vasco, Michael Marder, formula neste ensaio unha primeira achega ao que ha ser a fenomenoloxía crítica. Pois esta corrente de pensamento, que marcou gran parte da filosofía do século XX, de Husserl e Heidegger a Derrida, ábrese nesta revisisón crítica a unha busca, a da “razón do infrarracional”, que implica o desacougo do eu dividido, a inquedanza que non deixa descansar. Dáse así entrada ao sensible, para pensalo como crítica da razón, e recupérase o lógos para achegarse criticamente aos fenómenos. Sen establecer unha monolítica e definitiva identidade. Cun estilo punzante e suxestivo, inesperado en filosofía, Marder insinúa e esboza o que podería ser unha filosofía crítica inesgotable coa que reavivar os latexos dos sistemas de pensamento mortos (sedimentados).

Traducido do inglés por Hadrián Loureiro
38 páxs.
Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta

 


Apoie as publicacións en acceso aberto.

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

 

 

Deixar un comentario