A revolución non vai ser televisada

Cuberta-Sombra-peq

PREMIO DE ENSAIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA 2014

ISBN 978-84-616-4175-8

Col. Casabranca 1

1ª edición, 1ª impresión: maio de 2013
1ª edición, 2ª impresión: decembro de 2014
1ª edición, 3ª impresión: setembro de 2017
1ª edición, 4ª impresión: marzo de 2021

185 x 135 mm. Rústica con lapelas
170 páxs.
PVP 13 euros [12,50 + 4% IVE]

 
Mercar
 

A revolución non vai ser televisada – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, utilícese exclusivamente a ligazón “Na internet”.

14,90 €


 
 
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)
 
 
 
A partir da obra de Gilles Deleuze, Rebeca Baceiredo elabora unha proposta na que vai trazando outro devir, o que se amosa na arela de expoñer un proxecto teórico —e a teoría é a que fai o mundo— para ceibarnos da descompensación entre o desenvolvemento onto-ético e o desenvolvemento maquínico e técnico da sociedade capitalista.
A revolución non vai ser televisada: nesta frase hai unha indicación de que a revolución ten que atinguir o suxeito como punto de incardinación do poder. Para que quede desprovisto de intención.
Proponse, entón, unha transmutación dos valores, non unha inversión, senón instalarse nun novo plano ontolóxico e ético no que se di si á vida, descargándoa do peso dos desexos. Trátase de entender, con Nietzsche, que «o mundo non é nin verdadeiro nin real, senón vivente».
Velaquí, tamén, un cuestionamento da razón como normalización imposta. Un texto para pensar criticamente as «forzas reactivas» e o que estas dispoñen nos suxeitos: desexos transcendentes, culpas, expectativas incumpridas.
 
*  *  *
 

Índice: Abreviaturas empregadas.— Prólogo.— 1.  Capitalismo, poder e suxeitos. 1.  O individuo e a sociedade. 2.  Panorama neoliberal – Funcionamento axiomático do capital. 3.  O Estado e o seu papel no mundo capitalista. 4.  Razóns e senrazóns do capitalismo. 5.  A escravitude na sociedade de control. 6.  Semióticas e poder. 7.  O problema do poder – Poder e resistencia. 8.  O desexo: obstáculos e posibilidades. 9.  Discurso social e configuración mental – A normalización dos suxeitos. 10.  Que é un suxeito? — 2.  Que podemos ser? 11. Espectro metafísico: o virtual e o actual, o acontecemento e unha diferenza diferente. 12. Implicacións ontolóxicas dunha forma de pensar nova. 13. Activarse: recomendacións de Spinoza e de Nietzsche – Bos encontros cara a un devir activo. Spinoza – A vontade da potencia, a vontade da vida. Nietzsche. 14. Deixar de ser: devir. — Epílogo. — Obras de Gilles Deleuze. — Bibliografía.

 

A opinión da crítica

Luís G. Soto en Ágora, vol. 34, No 2 (2015), páxs. 179-180.
“Ao final, pois, trátase da revolución. Mais, como antano se falaba das revolucións dos planetas, dos seus movementos en torno a si mesmos e no espazo, aquí se pensa outras revolucións doutros planetas: a revolución interior dos seres humanos. Planetas significa errantes. E diso se trata, de saír das órbitas e errar. Para comezar, dentro de si propio, que é tamén fóra de si propio, pois o ‘si’ e ‘o propio’ é o primeiro que, seguindo a Rebeca Baceiredo na interesante e documentada reflexión vertida neste libro, ha de suspenderse.”

Armando Requeixo en Criticalia“Devir sen cesar”:
“En Rebeca Baceiredo ten o ensaísmo galego actual unha das voces máis interesantes de entre as dadas a coñecer nos últimos tempos. […] Toda a exposición de A revolución non vai ser televisada resulta dunha análise moi lúcida dos males do noso tempo e o noso mundo. A teoría sobre o ser social e a súas eivas é máis que suxestiva […] […] un volume que leva por título o célebre poema-canción “The Revolution Will Not Be Televised” do músico e poeta de Chicago Gil Scott-Heron e que é quen de xunguir esa esencia activista e contestataria co discurso ontoético máis actual é todo un desafío para mentes pensantes.”

Francisco Martínez Bouzas en Novenoites: “Novas formas de existir no mundo“:
“A revolución non vai ser televisada, que inaugura a colección “Casabranca” que Euseino? Editores lle dedica á filosofía, achéganos unha nova mostra dun dicurso novidoso e apropiado, ao menos no plano teórico, para facerlle fronte ao desenvolvemento maquínico e técnico da actual sociedade capitalista. […] a súa proposta xira na órbita do espazo de dereito e é aquí onde encaixan as súas ideas verbo dun novo paradigma da subxectividade. Un ensaio para facer pensar, que penetra no eido filosófico. Con todo, a agudeza expositiva da autora […] permite que o discurso novidoso de Rebeca Baceiredo poida ser lido non só por profesionais da filosofía. Abonda con lectores dispostos a reflexionar sobre a posibilidade de novas formas de ser suxeitos ou de existir no mundo.”
Mario Regueira en Sermos Galiza, núm. 53, ano II, 28 de xuño de 2013. “A revolución será ao vivo”:
 
Recensión Sermos
Tabela dos libros en Criticalia: outubro de 2013.
tabela_outubro_2013
Francisco Martínez Bouzas en Faro da Cultura, 12 de setembro de 2013: “Novo paradigma do subxectivo”:
 
Recensión-Faro

SaveSave