Capitalismo e fascismo – Psico-ontoloxía da escravitude

Cuberta+lombo

 

ISBN 978-84-608-3263-8

Col. Casabranca
1ª edición, 1ª impresión: outubro de 2015
1ª edición, 2ª impresión: xullo de 2016
1ª edición, 3ª impresión: febreiro de 2020

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
198 páxs.
PVP 12 euros [11,52 + 4% IVE]

 


Mercar

Capitalismo e fascismo – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón "Na internet".

€13,90


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


O capitalismo é un sistema que perfecciona as técnicas de poder de sistemas anteriores. Un dos seus principais instrumentos é a produción de subxectividade, é dicir, a capacidade de moldear a subxectivación dos corpos produtivos e de facelo cunha aparencia de liberdade, semellando respectar o desenvolvemento da diferenza individual. Neste libro, Rebeca Baceiredo amosa o vencello nidio que une esa capacidade de representación, que non é máis ca unha canalización sistematizada da enerxía dos corpos co fin de organizar a produción sen elementos de resistencia, co que define como unha verdadeira psico-ontoloxía da escravitude. Sobre a enerxía excedente edifícase o que, pola potencia da representación da súa singularidade, entendemos por suxeito mais non é outra cousa ca forza residual. Non hai un espazo real para a diferenza senón unha sorte de diversidade ilusoria aproveitada e sometida nas máquinas produtivas. Procedemento de submisión aínda máis intenso, máis lacerante, máis marcado na desposesión dos corpos e dos espíritos das mulleres, nos que tamén latexa unha única e posible subversión: recuperar a vida.

*  *  *

Índice: Introdución – 1. Psicoloxía do fascismo, ontoloxía da escravitude – 1.1. O uso de enunciados – 1.2. Mecanismos psíquicos – 1.2.1. Masas antigas e modernas – 1.2.2. A psicoloxía fascista – 1.2.3. Ontoloxía negativa do contrato social e escravitude — 1.3. O circuíto de sobrecodificación do desexo: de Eros e Tánatos.— 2. A subxectivación escrava no capitalismo. O capitalismo como fascismo – 2.1. Xénero, sexualidade e emocións: a desposesión dos corpos – 2.1.1. Xéneros e economía libidinal – 2.1.2. Dominacións e violencias – 2.1.3. A xestión capitalista das emocións – 2.2. Media e dispositivos sociotecnolóxicos como superestrutura – 2.2.1. Nacemento e imposición do capitalismo – 2.3. Escravos de arriba, escravos de abaixo – 2.3.1. Ontoloxía do homo aeconomicus – 2.3.2. Capitalismo emocional – 2.3.3. Capitalismo espiritual – 2.3.4. Superficie metafísica do capital.— Conclusións. A subversión que latexa — Bibliografía.


A opinión da crítica

Xosé M. Eyré en Ferradura en tránsito, 1 de febreiro de 2016.
Crítica de capitalismo e fascismo“:

“Rebeca Baceiredo realiza unha diagnose seria e contundente da actualidade social. O deseño do comportamento social da xente de hoxe, coma da de onte, é incontestábel. […] É dicir Capitalismo e fascismo é un libro valente, ser covarde é estar subordinado ao medo, o medo, algo perfectamente canalizado, dirixido, desde o poder. Non ten medo a ser diferente, e polo tanto obxecto de odio. Por iso este é un libro precioso, imprescindíbel.”

Inma Otero Varela en Novas do Eixo Atlántico, ano 2, edición nº 13, xaneiro de 2016, páx. 5:

Crítica Inma Otero-O eu manso

Tabela dos libros en Criticalia: xaneiro de 2015.

2016_xaneiro_tabela

Mario Regueira en Sermos Galiza, No 176, ano IV, 17 de decembro de 2015, páx 39.
“As engrenaxes da besta”:
“Dentro desta perspectiva ampla, existe tamén un tratamento específico da cuestión de xénero, unha análise que parte da diverxente subxectivación que a sociedade capitalista definiu para homes e mulleres […] Capitalismo e fascismo [é] unha achega que conta co engadido que ten a forma de escribir de Rebeca Baceiredo, con frecuentes referencias a elementos da cultura popular, como as series televisivas ou o cinema […].”

Crítica Regueira Capitalismo e fascismo

Tabela dos libros en Criticalia: decembro de 2015.

2015-decembro-tabela

A opinión das librerías

Libraría Numax, de Santiago de Compostela, recomenda Capitalismo e fascismo entre as novidades da súa páxina web, en http://numax.org/libraria/ficha/8876-capitalismo-e-fascismo

Numax web-Capitalismo e fascismo corr

Libraría Numax, Boletín de novidades 36, do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2015, tamén salienta a publicación de Capitalismo e fascismo:

Numax-correo-Capitalismo e fascismo

Entrevistas

Ana Romaní entrevista a Rebeca Baceiredo no programa Diario Cultural, da Radio Galega, o 5-V-2016.
Velaquí a ligazón para escoitar a entrevista:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-05-05-2016-2037497