Rebeca Baceiredo

Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) é licenciada en Ciencias da Comunicación e doutora en Filosofía coa tese “Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze”. Autora das obras O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005; Editorial Galaxia, 2006), (repeat to fade) (Estaleiro Editora, 2011) e E meterei a miña Lei no seu peito (narrativa, Estaleiro Editora, 2014), en 2016 publicou o poemario O canto da sibila (Editorial Galaxia) e o ensaio Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras (Axóuxere Editora), aos que seguirían Libro de horas e Who the fuck is Alice? (poesía, Urutau, 2019 e 2022), Animais de estimação e bestas de companhia, Como não ser, tranquilamente, human@s. Técnica e política da Antiguidade à era neoliberal (ensaio, Através, 2019 e 2021) e Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura (Edicións Xerais, 2023). Ademais do libro de relatos Éxodo (Ápeiron Ediciones, 2020).

Publicado en Euseino?
A revolución non vai ser televisada. Devir imperceptible seguindo a Gilles Deleuze (col. Casabranca 1)  Premio de Ensaio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega 2014.

Capitalismo e fascismo – Psico-ontoloxía da escravitude (col. Casabranca 5)

Das identidades alternas ás alternativas: saír dos corpos programados“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 3, novembro de 2013.

“Funcións sociais, xénero e propiedade”, en As conferencias da Sorbona. Corpos, propiedade e subxectivación“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 8, abril de 2015.

A verdade errada e a representación errante(en acceso aberto; col. Rúa do Sol)

Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas – Travesías cara á nada (col. Casabranca 13)

Tamén en Euseino?
Participou no Programa Filosofía nas Bibliotecas 2016 coa conferencia A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo”.

Fundación Euseino?
Fondo Rebeca Baceiredo: consta de orixinais en papel da obra da autora: O suxeito posmoderno, varias versións iniciais de (repeat to fade), versións de (des)veos, páxinas dunha versión inicial de E meterei a miña lei no teu peito (tamén titulado “O narcisismo de Eros”), Capitalismo e fascismoLibro de horasComo non ser tranquilamente human@s e o inédito “Glosario da boa vida”. E unha colección composta por cinco cadernos de notas da autora.

Unha opinión sobre “Rebeca Baceiredo

  1. Pingback: SoS #3 Desmontando o Amor Romántico – Radio Liverdade

Deixar un comentario