A música das esferas – Xenealoxía da orde do mundo

Cuberta-Sombra-peq

 

 

 

ISBN 978-84-616-6171-8

Col. Casabranca 2
1ª edición, 1ª impresión: setembro de 2013

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
280 páxs.
PVP 10 euros



Mercar

A música das esferas – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

€11,90


Na internet

(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


Seguindo a aparente inestabilidade daquelas ideas que se transformaron e, así e todo, mantiveron a súa función —metamorfoseadas— na Idade Moder­na, este ensaio de Carlos Lema pescuda na súa translación do neoplatonismo ao cristianismo, na súa manifestación posterior na Ilustración e no saber científico como saber verdadeiro.
Desde a Grecia antiga á Revolución Francesa, desde os mitos e a descrición do mundo no Timeo á teúrxia e á teoloxía dos primeiros séculos da Era Cristiá, desde Agostiño de Hipona e Descartes ao culto do Ser Supremo na Francia de Robespierre, trázase aquí o percorrido da idea de orde aplicada ­ao mundo cunha finalidade transcendente; búscase ­­a procedencia dese poder que logra reducir todo acontecer á inconsistencia.
A crítica á orde transcendente remóntase, pois, á relación de confianza da orientación cosmolóxica grega antiga e á súa reformulación nunha idea de cosmos que, nos tempos modernos, acabaría substituída pola crecente necesidade de dominar o mundo.

*  *  *
Índice: Adro.— 1. A harmonía das cousas.— 2. A mirada atrás.— 3. A orde do número.— 4. A constitución do mundo: 1. O quinto convidado – 2. A harmonía – 3. O produtor de orde – 4. A situación – 5. A esfera – 6. O mesmo e o outro no mundo – 7. A música – 8. Analoxía e máthema – 9. O tempo e a música das esferas.— 5. O platonismo ou a transcendencia.— 6. A filosofía domeada (da teúrxia á teoloxía).— 7. A cristianización do platonismo.— 8. A constitución do eu ou o mundo interior.— 9. A perfección do home.— 10. O culto do Ser Supremo.— Cabo.— Addenda. Orde do mundo, secularización e progreso.— Bibliografía.

 



A opinión da crítica

Manuel Forcadela en ProTexta, Tempos novos, núm. 220, setembro de 2015.
“As metáforas do mundo”:

“Trátase, por tanto, de ver de que maneira a Idade Moderna foi traducindo as ideas do mundo antigo, desde o cristianismo ao platonismo, adaptándoas á Ilustración e á idea do saber científico como saber verdadeiro. Lévasenos, por tanto, de viaxe: desde a Grecia antiga á Revolución Francesa, desde os mitos e a descrición do mundo no Timeo, desde a teúrxia e a teoloxía dos primeiros séculos da Era Cristiá, desde Agostiño de Hipona e Descartes ao culto do Ser Supremo na Francia de Robespierre”.

“[…] Libro […] que nos axuda a entender canto de humano hai tamén nesta vontade titánica de comprender o mundo até a súa derrota final e definitiva. Unha loita nin máis nin menos que co infinito.”

Recensión Forcadela

Entrevista con Xosé Manuel Eyré: “Entre a filosofía e o mundo“, en Ferradura en tránsito (21 de maio, 2014).

Tabela dos libros en Criticalianovembro de 2013.

tabela_novembro_2013

Mario Regueira en Sermos Galiza, núm. 72, ano II, 7 de novembro de 2013.
“De Orfeo á Ilustración”:

“Se cadra o primeiro que haxa que destacar sexa precisamente a ambición dunha obra que brillaría en calquera sistema cultural […] Este ensaio preséntanos unha visión ampla que apunta problemas xerais, imbricados na historia da filosofía occidental, pero ao tempo deixando cuestións abertas e interrogantes necesarias para a reflexión de cara ao futuro. A música das esferas analiza a evolución na concepción do mundo partindo dos primeiros filósofos gregos até as deturpacións feitas polo cristianismo […] A última parte vai formular unha tese que aínda hoxe pode entenderse como de vital importancia no desenvolvemento político da cultura occidental: a transformación que a Revolución francesa tería feito sobre a tese cristiá [..] unha formulación que acabaría implicando conceptos como o progreso ou a revolución […]

[…] o ton e a profundidade das súas análises afástanse moito do divulgativo. A pesar diso, [o novo libro de Carlos Lema] é unha lectura recomendábel para persoas curiosas e sen dúbida representa unha peza necesaria na construción dun discurso filosófico na nosa lingua.”

Mario Regueira-Sermos Galiza baixa

Tabela dos libros en Criticaliadecembro de 2013.

tabela_decembro_2013

Armando Requeixo en Criticalia“A orde do mundo”:

“unha monografía filosófica na que, con claridade e fondura, o autor analiza as bases do pensamento occidental en relación ao concepto de orde e a súa proxección social. […]

Lema regresa ao mito e ao lógos tentando botar luz sobre como este configura unha idea de orde cósmica asentada pola filosofía da Grecia clásica que logo é redefinida polo neoplatonismo […], á que acabará engadíndose unha outra instancia transcendente de selo cristiá, abrindo o camiño a un derivar que, andando o tempo, se reformulará racionalistamente e chegará á Revolución Francesa e a Idade Moderna […]

Moito ha prestar a lectura deste A música das esferas. Xenealoxía da orde do mundo aos amadores do pensamento puro e agradecerán poder achegarse a un ensaio fondo, documentado e exposto con absoluto rigor […].”

O mesmo artigo publicouse antes en Praza pública (28 de novembro de 2013).

Francisco Martínez Bouzas en Novenoites: “A música das esferas, un ensaio xenuíno“:

” […] este libro de Carlos Lema: un libro de investigación, froito do afervoamento indagador do escritor e editor, pero que non se contenta con iso, con rebaixar, estruturar ou clarificar o que outros dixeron, senón que se arrisca coa verdadeira esencia do ensaio: pensar, propoñer enunciados singulares e clarificadores, alicerzados na ilustración crítica. […] Un estimulante e profundo percorrido, exposto mediante unha análise rigorosa, sobre un tema, a orde aplicada ao mundo, que a racionalidade científica moderna traduce en leis.”

Xosé Manuel Eyré, en “Tendencias”, Galicia Confidencial (5 de maio de 2014): “A desconfiguración do mundo ou a razón do desconcerto“:

“un estudo sobre desconfiguración ou reconfiguración do mito (a narración que dá orde ao mundo, a narración que procura describir a harmonía do mundo, a música das esferas) ao longo do tempo. Certamente nesta análise non se chega deica o século XXI das preferentes [mais] permite actualizar, no proceso reflexivo do lector, até a mesma actualidade pois a sociedade posterior, cada vez máis capitalista, posúe unha orde […].

Desde a orixe da Filosofía, desde a orixe do coñecemento, desde a orixe do mito, desde a orixe da narración do mundo e procura de harmonía no mundo, o autor vai estudando as sucesivas deturpacións ou modificacións que este irá sufrindo.”

A opinión dos lectores

Libraría Vagalume, de Lalín, en www.librariavagalume.com:

“Como é habitual en nós, en Libraría Vagalume queremos apostar por novas editoriais, con máis razón se son da terra. É por iso que hoxe vos traemos o libro A música das esferas. Xenealoxía da orde do mundo, de Carlos Lema, editado por Euseino?, que está a comezar a súa andaina no complicado mundo editorial. Xunto a este título, a editorial ten publicados tamén A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo e o libro O Rei Portador e outras historias, de Beatriz Fraga.”

Xosé Manuel Eyré, en Ferradura en tránsito:

“Se os libros representan unha incógnita, mesmo unha incómoda realidade, para a maioría da xente… pois qué dicir da filosofía! Mentres eu a estimo especialmente porque sempre percibín un inigualábel xeito de beleza tras do razoamento ben fiado …”

http://xmeyre.blogaliza.org/2014/04/09/onde-estan-os-libros/
e
http://xmeyre.blogaliza.org/2013/12/11/celebrar-a-intelixencia/

Tamén no mesmo blogue:

http://xmeyre.blogaliza.org/2014/04/23/historia-da-ignorancia-co-libro-e-a-lectura-de-fondo/

http://xmeyre.blogaliza.org/2014/04/24/as-preferentes-e-a-filosofia/

http://xmeyre.blogaliza.org/2014/05/02/o-libro-mais-perdido-da-historia-e-a-musica-das-esferas/

5 opinións sobre “A música das esferas – Xenealoxía da orde do mundo

  1. Pingback: A cadea dos libros | O porto dos escravos

  2. Pingback: Publicacións recibidas (X) | Caderno da crítica

  3. Pingback: A orde do mundo | Criticalia

  4. Pingback: da filosofía á rebeldía | ferradura en tránsito

  5. Pingback: María do Cebreiro: “A poesía vive onde se encontran as lembranzas e a imaxinación” | BiosBardia

Deixar un comentario